XEOGRAFÍA

XEOGRAFÍA FÍSICA:
 1. Buscar a páxina INFORMACIÓN XEOGRÁFICA DE GALICIA (visor de mapas da Xunta)
        -Pulsar a opción ver (a 1ª pola esquerda)
        -Aparece unha imaxe de satélite da nosa nazón (ou  a de Breogán, hai varias versións). Aplicar o zoom ata enforcar Rianxo, pinchando en "Acceder".
        -Na parte superior dereita hai varias ventás. A sexta é a de Selección do mapa de fondo, e alí hai varias opcións:
         -Base sectorial :mapas topográficos. A escala aumenta co zoom ata 1.25.000.
         -Mapa hipsométrico: co relevo.
         -Sombreado: mapa mudo. Quizais a mellor base para traballar.
         -Logo hai varias versións de fotos aéreas. A máis antiga é a de 1959.
       -A quinta ventá é Selección de capas, e resulta moi útil para completar o mapa:
          -Entidades de poboación.
          -Redes de transporte.
          -Hidrografía.
          -Límites administrativos.
       -A terceira venta é a Lenda, que explica as iconas e as tramas da ventá anterior e coa que acadarías un resultado coma este.

  2. As veces a páxina da problemas, e pódese acudir a IBERPIX , o visor de mapas do Instituto xeográfico Nacional, que mesmo ofrece máis servizos.
         -Aparece o mapa de Imperio, e co zoom chegamos a Rianxo.
        -Na parte inferior dereita temos as distintas capas que podemos utilizar:
             -Mapa: ata o 1:25.000.
             -Imagen: satéllite. Podemos introducir varios anos.
             -Ocupación del suelo: usos.
             -Relieve: o idóneo para o mapa base.
            -Mapas históricos: ata 1:25.000. Son moi curiosos pola toponimia castelanizada-castrapallada.
       -Na parte superior temos outras ventás: para medir distancias e superficies (tamén temos esa opción no visor da xunta, pero non vai ben), zoom, gardar, e unha cun avión que dá acceso á fototeca, onde podemos ver fotos aéreas e de satélite antigas, as primeiras dos 40. Con elas pódese ver con detalle a evolución da vila e os sucesivos recheos do porto. Pero é unha opción que se atasca con facilidade.
       -Ollo, para pasar dunha capa a outra hai que pechar previamente a primeira.

Tanto a páxina da xunta como o Iberpix teñen sistemas de localización por coordenadas, tanto en  UTM como en graos,minutos e segundos.

 3. Outra posible actividade sería que os nenos apreciaran a diferenza entre a cartografía dixital e a  tradicional. Poderían tentar facer o mesmo mapa a man, usando papel cebola (que se vende nos chinos). Sobre un mapa base (unha fotocopia), facer 2 ou tres láminas de papel cebola: unha co poboamento, outra cas redes de comunicación, outra cos ríos...), para así valorar a enorme mellora que supuxo a informática.

Actividades?
- Localizar os monumentos e enclaves pintorescos do concello.
-Identificar a rede de poboamento e a súa subordinación ao medio físico: a qué altura se atopan a maior parte dos núcleos de poboación, cara a onde están orientados,etc.
 -A distribución da poboación: colocar no mapa onde viven todos os alumnos da clase, e calcular as distancias que deben percorrer para chegar ao Instituto. Comprobariase se Rianxo experimento  un progresivo proceso de concentración na capital ou aínda segue a ter unha poboación dispersa. Poderíase facer o mesmo cos pais para ver se cambiaron as cousas nos últimos 40 anos. Terían tamén que colocar as coordenadas das  suas casas e a extensión das mesmas. Esto poderíase colocar na cortiza da aula.
E máis nada.Perdón por no poñer os enlaces, pero intenteino e non me saía. Creo que necesito reforzo .

Ningún comentario:

Publicar un comentario