A AVALIACIÓN

A avaliación do labor realizado

 Finalizado o proxecto, o equipo docente avaliará o labor realizado polo seu alumnado, así como o seu propio labor, seguindo os criterios expostos a continuación.

Criterios para avaliar o proceso de aprendizaxe do alumnado

Criterios comúns para avaliar o proceso de aprendizaxe do alumnado:
  • Segue as indicacións dadas polo profesor/a
  • Procura información nas fontes dadas e selecciona adecuadamente as ideas principais
  • Respecta as normas gramaticais e ortográficas
  • Presenta a súa tarefa con limpeza e intención estética
  • Reutiliza a información aprendida para producir novos textos (nalgúns casos servínose de modelos)
  • Interactúa e intervén adecuadamente co resto do alumnado e co profesorado
  • Utiliza un rexistro formal
  • Desenvólvese autonomamente 
  • Manexa as ferramentas TIC seguindo as indicacións do profesorado
  • Respecta a diversidade lingüística e cultural e aprecia os textos con finalidade estética
Criterios de avaliación para as materias de LGL, LCL e CCSS:
  • Emprega un léxico preciso e correcto
Criterios de avaliación para LGL, CCSS e 2ªLEP
  •  Coñece as escalas e oriéntase cun mapa
Criterios de avaliación para as materias de LGL, LCL e 2ªLEF
  •  Utiliza enumeracións e descricións
  •  Non cae en contradicións
Criterios de avaliación para as materias de LGL e LCL:
  • Sérvese dun esquema ou dun resumo para recoller as ideas seleccionadas
  • Inicia o seu texto cun título
  • Elabora parágrafos diferenciados pero cohesionados e emprega conectores adecuados
  • Non repite ideas
Criterios de avaliación para a materia de CCSS:
  • Sérvese de exemplos
  • Coñece as regras básicas de localización xeográfica
  • Comprende as interrelacións fundamentais entre o medio físico e a actividade humana
  • Comprende a linguaxe cartográfica
Criterios de avaliación para a materia de 2ªLEP:
  • Identifica sons, grafías e trazos fonéticos que distinguen fonemas en portugués  e relaciónaos cos propios da súalingua.
  •  Pronuncia os fonemas explicados, de forma adaptada ao nível.
  •  Esfórzase en empregar o português en todas as actividades e nas necesidades inmediatas da aula.
  •  Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas básicas
Criterios de avaliación para a materia de 2ªLEF: 
  • Identifica sons, grafías e trazos fonéticos que distinguen fonemas en portugués  e relaciónaos cos propios da súa lingua.
  •  Pronuncia os fonemas que xa coñece, de forma adaptada ao nível de 1º E.S.O.
  •  E quen de empregar a lingua francesa ao longo de toda a tarefa para solicitar e dar informacion  e en todas as actividadesque así o requiran.
  • Utiliza adecuadamente as convencións orais (s'il vous plaît, j'ai une question, j'ai besoin d'aide, comment on dit en français...)  escritas básicas (nome e apelidos en todos os documentos, sangría ao comezo de cada parágrafo, marxes, utilización de bolígrafo.
  • O resultado final da tarefa responde ao que se lle solicitou. azul ou negro non borrable, etc.).
Criterios de avaliación para a materia de LGL:
  •  Reproduce a estrutura dun texto expositivo
  •  Sérvese de citas
  • Coñece o labor dos persoeiros rianxeiros máis relevantes da Literatura e da Lingua Galega
 Criterios de avaliación para a materia de LCL:
  •  Utiliza un punto de vista obxectivo

Criterios para avaliar o proceso de ensino do profesorado:

Ningún comentario:

Publicar un comentario