A RIANXEIRA

Posiblemente A Rianxeira sexa a peza musical máis coñecida da nosa vila. E nós, que sabemos dela?

A partir deste enlace respostade as seguintes preguntas:
  • Cando se compuxo?
  • Quen compuxo a música?
  • Quen creou a letra?
  • Cal era o título orixinal da obra?
  • Cando e onde se fixo a primeira gravación da cantiga?Posiblemente A Rianxeira sexa a peza musical máis coñecida da nosa vila. E nós, que sabemos dela?
Neste outro enlace temos o texto da versión que se interpreta actualmente. En parellas, comparádeo co texto orixinal indicando en que se parecen e en que se diferenzan.

E agora imos escoitar a versión orixinal


E a actual



Probamos agora a cantala cun karaoke?



Finalmente imos poñer o noso gran de area e crear a nosa propia estrofa da Rianxeira. Recorda que, seguindo o esquema tradicional da canción, debemos inventar catro versos de oito sílabas con rima nos pares.


Ningún comentario:

Publicar un comentario